Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Unha ponte de amizade

26 of march of 2013

Conto ilustrado destinado aos máis pequenos da casa onde se relata como as pontes poden ser vencello de unión entre pobos.

O conto “Unha ponte de amizade” presentouse o pasado Día Mundial da Auga no CPI de Padrenda-Crespos, no Concello de Padrenda, con motivo da xornada organizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Os escolares puideron aprender, a través do conto “Unha ponte de amizade”, que os ríos, máis que barreiras de separación, poden converterse en pontes de proximidade e unión entre poboacións limítrofes. O relato ilustra ademais outra significativa actuación do proxecto Carisma, coa construción dunha ponte de madeira que une as poboacións de Entrimo, Melgaço e Arcos de Valdevez.

O obxectivo da xornada foi o achegamento aos máis novos para sensibilizalos e recordarlles a importancia vital que ten a auga na nosa sociedade, ademais de mostrarlles o labor que realiza a CHMS na súa bisbarra e máis concretamente as actuacións nos ríos Troncoso e Leboreiro que se están a executar a través do proxecto internacional CARISMA – Calidade Ambiental das Reservas naturais fluviais internacionais do Medio Acuático.